AEGALCAT.CAT SUSCRÍBETE A NUESTRO BOLETÍN | ACTIVIDADES
AEGALCAT
Imágenes Galicia
GALEGO@S NO MUNDO GALICIA AGORA EMPRENDEDORES XUVENTUDE
INICIO
¿QUÉN SOMOS?
ESTRUTURA ORGANIZATIVA
NOTICIAS
GALERIA DE IMÁGENES
AXENDA
SALA DE PRENSA
CONTACTO
Notas de prensa
Feijoo expresa o seu desexo de que volvan os galegos que viven fora
O presidente galego recoñeceu que Galicia terá unha asignatura pendiente mentres non poda xenerar traballo para os galegos do Exterior.

26 DE MAIO DE 2009 –. O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, dixo onte á noite nunha reunión cos socios da Agrupación Cultural Saudade de Barcelona que a Xunta manterá unha colaboración estreita coas entidades galegas de Catalunya, e respecto ao problema da produción leiteira e o conflito lingüístico, dixo que chamará a atención do novo Parlamento Europeo para que o Estado español non teña que abandonar as explotacións de leite e anunciou que a Xunta fará en xuño unha enquisa vinculante sobre o idioma preferente de escolarización.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, ofreceu o apoio do goberno galego ás entidades galegas do Exterior, que considera embaixadas de Galicia. Tamén expresou a súa gratitude cara Cataluña por acoller tantos galegos nas últimas décadas que, na mesma liña do que mantén a nova Asociación de Entidades Culturais Galegas de Catalunya (Aegalcat), coa que se reuniu momentos antes, dixo “deixan de ser emigrantes para mesturarse coa sociedade catalana”. Engadiu que lle gustaria que tódolos galegos que desexen voltar á súa terra podan facelo, anque, recoñeceu, Galicia non terá aprovada a súa asignatura ate que teña a capacidade de producir traballo para todos eles.

Feijoo aproveitou a alabanza da capacidade de integración dos galegos en Cataluña “que tamén se senten cataláns e falan o catalán” para defender un “bilingüismo amable e harmónico”, que minutos máis tarde concretou na necesidade de imparti-las clases no ensino en dúas linguas “nun país no que se falan dúas linguas” e no dereito dos pais a elixir a lingua de escolarización dos seus fillos, sen que veña determinada “polo goberno de turno”. Por este motivo anunciou que a Xunta fará en xuño unha enquisa vinculante aos pais de alumnos galegos sobre a lingua na que queren escolarizar aos seus fillos.

Respecto ao problema da produción leiteira, Feijoo dixo que Galicia non pode deixar de producir leite porque España produce menos leite do que consume, a diferencia de Francia e Alemaña, que teñen un excedente ao que dan saída no mercado español con prezos máis baixos, e manifestou a súa confianza en que o novo Parlamento Europeo interveña para protexe-lo leite español e así evitar que pechen as explotacións lácteas.
Camiño de Santiago
Galicia turismo
Cultura galega
Noticias de Galicia
Aviso legal | Accesibilidad | Acerca de la web | © Asociación de Entidades Gallegas de Catalunya