AEGALCAT.CAT SUSCRÍBETE A NUESTRO BOLETÍN | ACTIVIDADES
AEGALCAT
Imágenes Galicia
GALEGO@S NO MUNDO GALICIA AGORA EMPRENDEDORES XUVENTUDE
INICIO
¿QUÉN SOMOS?
ESTRUTURA ORGANIZATIVA
NOTICIAS
GALERIA DE IMÁGENES
AXENDA
SALA DE PRENSA
CONTACTO
NOTICIA
Imagen de noticia
2009-05-22
A Aegalcat propón que Barcelona sexa a capital do Feito Galego

A alianza de entidades galegas é o primeiro paso cara a creación da primeira Fundación de Galicia en Cataluña.

No acto de presentación desta nova entidade, ao que asistiron personalidades como Jordi Menéndez (Generalitat de Catalunya), Caty Carreras (Ajuntament de Barcelona), Felip Puig (Convergència Democràtica de Catalunya), Josep Maria Sala (Partit dels Socialistes de Catalunya), Nati Aparicio (Unió Democràtica de Catalunya), Antoni Bosch (Partit Popular de Barcelona), Ricardo Meton (director de Caixa Galicia) e Julio Fernandez (Asociación de Empresarios Galegos de Catalunya), o presidente da Aegalcat, Ernesto Lagarón, recoñeceu o importante papel que as entidades galegas en Cataluña desenvolveron dende a súa fundación ata hoxe, pero anunciou que o Feito Galego –o movemento que configuraron os galegos, as novas familias que fundaron nas cidades onde se estableceron, os seus amigos– non pode pararse aquí, ten que buscar outras vías de representación propias na nova realidade catalana, galega e global que evolucionou ao longo dos anos. A Aegalcat é unha vía de representación que vai a ser pioneira en Cataluña, porque ten coma obxectivo a creación da primeira Fundación de Galicia en Cataluña, unha institución integrada por todas aquelas asociación, entidades e colectivos comprometidos con Galicia e a súa proxección exterior: a Aegalcat é a semente dunha Fundación que coordina o Feito Galego de todo o mundo dende Barcelona.
Camiño de Santiago
Galicia turismo
Cultura galega
Noticias de Galicia
Aviso legal | Accesibilidad | Acerca de la web | © Asociación de Entidades Gallegas de Catalunya