AEGALCAT.CAT SUSCRÍBETE A NUESTRO BOLETÍN | ACTIVIDADES
AEGALCAT
Imágenes Galicia
GALEGO@S NO MUNDO GALICIA AGORA EMPRENDEDORES XUVENTUDE
INICIO
¿QUÉN SOMOS?
ESTRUTURA ORGANIZATIVA
NOTICIAS
GALERIA DE IMÁGENES
AXENDA
SALA DE PRENSA
CONTACTO
¿QUÉN SOMOS?

Os colectivos galegos do exterior levaron a termo un excelente papel na proxección da imaxe de Galicia mediante entidades que levan máis de 25 anos traballando por canalizar as reivindicacións de identidade dos galegos, que sempre mantiveron un forte vencello sentimental coa súa terra, a través de manifestacións da cultura tradicional, como a lingua e o folclore.

Pero o mundo cambiou moito dende que os galegos, afortunadamente, xa non teñen que marchar da casa á procura das oportunidades que Galicia non lles ofertaba. Hoxe Galicia é punteira en sectores coma o da moda, o da industria alimentaria, o turismo, a agricultura ecolóxica e a música. Galicia deu un gran salto, e o Feito Galego –ese movemento que protagonizan, non soamente galegos, senón tamén as familias que fundaron nas cidades onde viven, os seus amigos– tamén ten que dalo. E a Aegalcat xa o deu.

A Aegalcat é un salto cualitativo na representación de Galicia, porque asume o reto de encamiñar esta influencia social que exerce o Feito Galego na sociedade catalana a crear unha Fundación que integre tódalas entidades e colectivos comprometidos con Galicia e a súa proxección exterior, destinada a formar e a asesorar a todos aqueles cidadáns interesados en Galicia, sexan ou non galegos, vivan ou non en Galicia ou en Cataluña. A Aegalcat é un gran paso que xa fai ser a tódalas persoas que configuran o Feito Galego máis grandes que nunca.

E vamos a ser máis grandes aínda. A Aegalcat, a través desta fundación, coordinará o Feito Galego dende Cataluña, fará de Barcelona a capital deste movemento en todo o mundo. Por iso, xuntos, avanzamos. Xuntos, somos máis grandes que nunca.

Entidades que integran a Aegalcat a día de hoxe:

  • Agrupación Cultural Galega Saudade (Barcelona)
  • Asociación Foro da Terra Galega (Barcelona)
  • Airiños da Nosa Galicia (Santa Coloma de Gramenet)
  • Irmandade Galega de Rubí (Rubí)
  • Centro Galego Nós (Sabadell)
  • Irmandade Galega O Noso Lar (Terrassa)
  • Centro Galego de Lleida (Lleida)
Camiño de Santiago
Galicia turismo
Cultura galega
Noticias de Galicia
Aviso legal | Accesibilidad | Acerca de la web | © Asociación de Entidades Gallegas de Catalunya